setembro 19, 2007
· Filed under Ideas para o monte
Este espazo ven ser coma un remuíño onde fervan as ideas:
. Actividades para sensibilizar e implicar á xente máis nova:
- Xornada de recollida de landras (tamén de castañas) para sementar máis tarde.
- Xornada de sementeira de landras no monte (tamén de castañas)
- Apadriñamento dunha árbore (ou varias) que motiven ó seu cuidado: nogais, laranxeiras...
- Formación de cuadrillas de limpeza e dedicar uns días sinalados á limpeza do monte (cuidado de zonas sensibles e das propias sementeiras)
- ...
chúzame -
setembro 18, 2007
· Filed under Recursos monte
Recollemos unha serie de enlaces con documentos propicios para a reflexión... ou a práctica:
O subsector agrogandeiro e forestal en Galicia (Consideracións, informe do CES, 2003)
Operación Carballo 2007
Manual Sinxelo de Reforestación por Sementeira (OMA, Universidade de Vigo, 2006)
chúzame -
setembro 18, 2007
· Filed under Ideas para o monte
A primeira proposta dun programa para a comunidade de montes pode recoller os seguintes apuntes:
. Silvicultura: Especial atención ó cultivo de frondosas (carballos e castiñeiros principalmente), cedendo a maior superficie posible para estas árbores. Plantar piñeiro en áreas máis secas e de menos recursos do chan.
. Dedicar un 10 % do presuposto a actividades de formación e sensibilización tanto dos comuneiros como da xente nova (apadriñamento de árbores, cuadrillas de limpeza de montes...)
. Posta en valor do patrimonio histórico e cultural (promoción da Vía Alteria, castros...)
chúzame -