DE RERUM NATURA
(Requiem por Felís Sebastián, pronunciado na eira de baixo no verán do ano 2007)
Boa tarde a todos:
Encontrámonos hoxe aquí reunidos nesta casa após a morte de Felis Sebastián, que tantos anos lutou para defender os montes comunais da cobiza dos inimigos de todos nós. A impresión de que algo se perdeu, algo que se intúe valioso, importante, sensatamente humano.
Por iso estamos nós aquí, para coller o relevo nesta tribu que ven a través dos milenios caminhando.
A nosa idea común, é xestionar os montes dunha forma colectiva incorporando a xuventude á defensa deste importante patrimonio antergo. Que para eles sexa escola e vida.
Que aprendan con intelixencia e honestidade, a organizarse e a convivir harmoniosamente. Que se vaian coñecendo uns ós outros, despertando desta forma un sentimento de irmandade, na que lle sexa posibel entenderse e colaborar.
Apoderarse do seu destino, mudar as cousas, medrando na vida e no bem común.
Dunha forma xenerosa, como é habitual na xuventude, lutarán polo que é de todos nós, amparados na razón común, vaian ganhando confianza e saber neste novo desafío.
Este é fundamentalmente o noso sentir, e para logralo, contamos coa colaboración "magnífica" de 22 persoas, que participarán en todas as tarefas.
Para a xestión das firmas, contaremos con quatro persoas:
1. D. Manuel Montero David
2. Carlos David González
3. Cristina Eiró Rodríguez
4. Paula David Giráldez
Este encomio de Felís Sebastián é ó mesmo tempo un proxecto de movimento assambleario, unha tentativa de xestionar o monte dunha forma colectiva.
¡¡Sexa el amado de todos nós!!
Antonio Argibay Sebastián
chúzame -