Plantación de landras e castañas

No mes de novembro fomos recoller castañas e landras, e unha semana despois fomos plantalas ó monte comunal.

O sábado pola mañá preparamos todo e pola tarde levamos: sachos, logóns e a cámara de fotos.
Fomos todos en tractor ata o monte, e cando chegamos fixemos varios grupos: Paula e máis eu, Xose con Elisa, Nick con Cristian, Camilo con Cristofer, Cristina con Estefania, e Antonio.
Dori sacaba as fotos.


Cando terminamos de plantar as landras e as castañas, fixemos algunhas fotos e volvemos no tractor para casa. Agora só queda esperar que empecen a nacer!!!

Aquí podedes ver como hai que facer para prantar as sementes!!

Chuzame! chúzame -
del.icio.us this!

1 Response so far »

  1. 1

    Montes de Guillade » Excursión polo monte de Guillade (6 de xullo 2008): resumo da xornada said,

    xullo 8, 2008 @ 1:05 am

    [...] tragos de auga. Despois paramos uns minutos na curva que hai antes de chegar ao campo de fútbol, onde sementaramos as landras e castañas no inverno. Vimos que algunhas xa naceran, o que nos puxo moi contentos a [...]

Comment RSS · TrackBack URI

Say your words