Archive for xaneiro, 2008

O perigo dos lumes

a

Xa dende que eu era neno lembro esa praga continua que asola os nosos montes verán tras verán. Nos tempos dos meus avós dicían que non ardía tanto, os montes limpábanse e cuidábase deles.

Hoxe non fai falta ir monte arriba para ver que todo se vai abandonando ano tras ano, as silvas e os toxos achéganse ás portas das nosas casas e tapan os camiños que aínda lembran marcadas nas súas pedras as rodas dos carros, carros cargados de leña ou toxo que eu mesmo guiei diante das vacas tantas veces.

Duns anos para acá, esta falta de limpeza é un factor decisivo para que o lume arrase ano tras ano os montes... pois a broza segue a medrar de ano en ano... toxos, xestas, silvas... e agora tamén eucaliptos. Esta árbore é un dos maiores perigos para os nosos montes. Cada ano que arde, as súas sementes espállanse centos de metros e crecen coma xestas, todos xuntos, delgados, e bastos a fartar. Como non hai quen os guíe, esperan cobizosos o lume do próximo ano, e como son tan combustibles axudan ó lume a medrar e arrasar xa de paso con todo canto hai. E o ano seguinte repítese a historia, cada vez con máis virulencia. ¿ E ese o futuro que queremos para os nosos montes... pedras e ramas de eucaliptos?

a

Temos que pensar en algo máis que no puro economicismo (todo polos cartos), e valorar tamén aspectos do medio ambiente que melloran a nosa calidade de vida... o verde dos bosques, a frescura e a sombra do verán, os camiños limpos... recuperar o monte coma un espazo de recreo e de diversidade.

Unha aposta interesante sería prantar árbores caducifolias (carballos, castiñeiros, nogais... que como se sabe son moito menos combustibles) naquelas zonas propicias, e que son bastantes. Deixar os piñeiros para as zonas máis pobres (que tamén son moi amplas). Así, as árbores caducifolias, unha vez asentadas, tamén actuarían de poderosos cortalumes naturais.

a

De trinta anos para acá a superficie poboada de árbores do noso monte vai a menos ano tras ano, cando non se ve remprazada polos eucaliptos. A onde imos por ese camiño? É ese o futuro que queremos para os nosos fillos e netos? Porque o monte é un investimento a longo prazo o primeiro sería pensar neles. Non cos ollos avaros e mesquiños de quen só pensa no inmediato, senón coa mirada tranquila de quen mira para os horizontes agora lonxanos, pero próximos mañán para os nosos fillos.

Chuzame! chúzame -

Comments (1) »

Asemblea ordinaria da Comunidade de Montes

Celébrase o domingo día 27 de xaneiro, ás 4.30 da tarde conforme á seguinte:

Orde do día:

1.Lectura e aprobación se procede da acta anterior

2.Estado de contas

3.Aprobación para solicitar subvencións

4.Deslinde no monte na zona do "Coto do Santo"

5.Admisión de novos comuneiros

6.Convocatoria de eleccións

7.Rogos e preguntas

a

Recollemos un resumo dos asuntos tratados (este resumo é de datos aproximados):

a) No estado das contas hai a día de hoxe un remanente duns 30.000 euros, despois de que este ano se vendesen piñeiros queimados por un valor próximo aos 5.000 euros.

b) Foi concedida unha subvención da Xunta de Galicia para plantar unhas 3 hectáreas de castiñeiro (2.000 plantas), por valor duns 4.000 €, na zona que linda con Uma. A comunidade ten que achegar outros 6.000€ para que a subvención sexa concedida, e apróbase.

c) Por proposta do Manolo... acórdase celebrar o día da árbore (21 de marzo) prantando 50 árbores de zonas recreativas no coto da pedreira (na zona do merendeiro), árbores que serán apadriñadas por voluntarios.

d) Na disputa dos lindes no Coto do Santo coa C.M. de Cumiar, acórdase que o presidente da nosa comunidade negocie un acordo amistoso, recoñecendo as demandas da C.M. de Cumiar pois os marcos existentes danlles a razón, e así evitar un xuízo contencioso.

e) No tema da nave de Albelle, mostrouse unha sentenza xudicial do ano 1998 a favor da nosa Comunidade, que declara nula a venda deses terreos, e que por tanto pertencen á Comunidade de Montes. Estes terreos xa foron clasificados, e agora só queda o trámite de rexistralo na propiedade, e espérase que non se prolongue máis dun ano. Desmíntense rumores na liña de que a Comunidade de Montes tiña que pagar diñeiro para recuperar eses terrenos.

f) Admitíronse media ducia de novos comuneiros, aprobados pola asemblea.

g) Convócanse eleccións para o día 16 de marzo. Hai 3 semanas para presentar candidaturas.

Chuzame! chúzame -

No comment »

Perì Oikonomías IV (Animalia)

a (orixinal en http://www.arrecarallo.creatuforo.com/ve...)

QUOD NATURA ANIMALIA DOCUIT

A todos nos toca pola porta este artigo, pois todos nós somos uns animais, dirán algúns a modo de desculpa que somos racionais, mais a verdade é que tampouco demasiado, pois o instinto da especie nos guía neste fero mundo.

Algúns, entre os que me conto, chamados vulgarmente os bichos do mato, pensamos normalmente que cantos menos animais melhor, pois son moi malos de aturar.

Os nosos melhores amigos, son sem dúvida os vexetarianos, que predicando no deserto intentan vanamente, que non nos comamos uns aos outros, que isto se substitúe ventaxosamente pola agricultura. Os pitagóricos tamén o intentaron na antigüidade, mas fracasaron nas súas tentativas de facer un ceo aquí na terra, axudados sempre de forma desinteresada polas autoridades no seu fiasco. Rememoro aquel monxe confuciano, que maldecía o ben que lle soubera aquela carne asada, lutando infortunadamente por salvar, o seu mundo de perfeita e amábel harmonía.

Sem embargo, nos momentos de debilidade e tenrura necesitamos a súa companhía, as súas palabras, e as súas caricias. A bubela do eido do alcaide que eternamente retorna todas as primaveras, desde neno eu a espreitaba pola xanela, entre os muros de pedra a súa fermosura cativante.

O porco, sem dúvida, o animal por excelencia, merecedor de ser elevado ao rango da divindade. ¿Quem sería tan ingrato, como para non ser capaz de recoñecelo?

- Animais que nos cantan, que viven libres, que nos mostran a cara do paraíso.
- Animal que nos axudas na laboura, que fertilizas os campos.
- Os animais amigos da Onza-Fera, aqueles que nos alimentan, os que son devorados con grato pracer por nós.
- Os animais de companhía, aqueles que supostamente nos aman, aínda que é bastante difícil pensar que alguén poida amarnos.

Todos em rebanhos, nos movemos nesta turbamulta de paixóns, berramos, ladramos, gritamos. Sempre nos mesmos lugares e ás mesmas horas, todos xuntos, irremediavélmente somos arrastados nesta enxorrada que a todos nos leva.

¿¿ Será realmente verdade que "a lo loco se vive mejor"??

Antonio Argibay Sebastián.

Chuzame! chúzame -

No comment »

PERÌ OIKONOMÍAS III (Agrícola)


Toda a frescura d'antano, desfila diante dos nosos olhos, abertos de pasmo, son miles de anos pasados desde Xénophon ateniense nascido no ano 428 a.C., máis coñecido como a abelha ática pola súa laboriosidade no campo da escritura.

Ninguén melhor que el para este canto:

"XENOPHONS MEMORABILIEN" (Fragmento)

Conteiche isto Critóbulo, facéndoche ver que nin sequera, os muito afortunados poden prescindir da agricultura. Dá a impresión, no efeito, que esta ocupación é ao mesmo tempo un motivo de pracer, un medio para acrescentar a facenda e unha forma de adestrar o corpo para poder facer quanto corresponde a un home libre. Em primeiro lugar, a terra produce para quen a trabalha os productos cos que viven os homes e concédelle ademais quanto lhes permite viver regaladamente. En segundo lugar, facilítalhe tamén quanto engalana os altares, as estatuas e a eles mesmos, acompañado de agradabilísimos aromas e vistas. En terceiro lugar, produce e alimenta numerosos manxares, xa que a cría do gando está ligada á agricultura, de modo que os homes teñen víctimas para facerse propicios ós deuses e reses para o seu uso. E aínda que a terra concede os seus bens coa maior abundancia, non permite que se recolhan sen esforzo, senón que acostuma ós homes a soportar os fríos do inverno e os calores do verán. Ós labregos auméntalhes a forza física exercitando o vigor dos seus brazos, e ós que trabalhan coma vixiantes enduréceos despertándoos ó mencer e obrigándoos a facer duras caminhatas. Pois tanto no campo como na cidade, os asuntos máis importantes tenhen sempre fixada a súa hora. Ademais, se se quere defender a cidade coa cabalaría, a agricultura é a máis capacitada para axudarnos a manter os cabalos e se é coa infantaría, ela infunde vigor ao noso corpo. Tamén a terra nos incita a expansionarnos coa caza, xa que ao mesmo tempo dá facilidades para manter o can de caza e nutrir aos animais selvaxens. E tanto os cabalos coma os cans, que se benefician da agricultura, corresponden favorecendo á súa vez a facenda: o cabalo leva polas manháns o capataz ao seu labor e permítelhe o regreso pola tarde; os cans afuxentan as alimanhas para que non damnifiquen as colheitas e os rebanhos, facendo seguras as paraxes solitarias. Tamén a terra estimula aos labregos á defensa armada da súa comarca, ao manter as colheitas en terreos abertos, ao alcance do máis forte.
¿E que arte senón a agricultura dá máis capacidade para correr, disparar e saltar? ¿Que arte produce maior gratificación a quen a trabalha? ¿Cal acolhe con maior pracer aos seus seguidores, invitándoos en quanto se achegan a tomar o que necesitan? ¿Cal hospeda con maior prodigalidade aos estranxeiros? Para invernar con fogo abundante e banhos quentes, ¿onde ha maior facilidade que nunha campinha? ¿onde é máis agradable veranear, coas fontes, as brisas e a sombra, que no campo? ¿Que outra arte ofrece aos deuses primicias máis adecuadas e dá ocasión para as festas máis completas? ¿Cal é máis grata aos escravos, máis agradabel para as mulheres, máis desexada polos filhos e o máis agradabel para os amigos?. A min resúltame estranho que un home libre poida ter unha posesión máis pracenteira que esta, e atopar unha actividade máis satisfactoria que ela e máis proveitosa para a vida. Aínda máis a terra, por ser unha deusa, ensina tamén a xustiza a quen son capaces de aprendela, pois quanto máis a cuidamos con máis bens corresponde. E no caso de que, debido a grandes incursións militares, se vexan privados dos seus cultivos, os que se dedican á agricultura, que reciben unha educación enerxicamente viril, estes, ben adestrados de corpo e espíritu están en condicións, se a divindade non lho impide, de invadir o país dos seus sitiadores e apoderarse do que necesiten para alimentarse. Con frecuencia, en tempo de guerra é máis seguro procurarse o sustento com as armas que coas ferramentas da labranza.
A agricultura tamén ensina a mandar nos homes; contra o inimigo, en efecto, hai que ir con homes, e tamén con homes se leva a cabo a labranza da terra.
Por iso, quen se disponha a ser un bo labrador necesita conseguir que os seus trabalhadores tenhan boa vontade e estexan decididos a obedecerlhe. O mesmo ha de conseguir o que conduza un exército contra o inimigo, recompensando a quen fai o que debe facer e castigando aos indisciplinados. O labrego debe exhortar aos seus trabalhadores tanto como o xeneral aos seus soldados. Os escravos necesitan ter boas esperanzas, tanto coma os homes libres, e aínda máis se cabe, para que estexan dispostos a permanecer no seu posto. Estivo moi acertado quen dixo que a agricultura era a nai e a nodriza das demais artes, pois se a agricultura florece, prosperarán tamén as outras artes, mais cando a terra se ve obrigada a manterse abandonada, menguan case sen excepción as restantes artes, tanto na terra como no mar."

Antonio Argibay Sebastián

Chuzame! chúzame -

No comment »

PERÌ OIKONOMÍAS II (ARBOREA)

¡¡Que a Hedra de Dionisos te coroe arborea infinda!!

Sobe os teus brazos lenhosos, amparas toda a fortuna do mundo, aconchegas no teu peito as túas criaturas.

Na lubre profunda do bosque, todos unidos na irmandade circular da lareira, a chama vertixinosa, conta historias de medo na noite escura, o espíritu poboado de seres.

Todos abandonados nesta morte devoradora, sem un xesto, sem unha palabra, sem um grito de dor pola nosa boca.

Tudo arrasado, pola industria do inferno, as negras caldeiras cheirando mal, cubrindo de lixo o sol.

Neste xardín das Hespérides, a barronca de Barreiros, a madre da levada, poboados por miles de borboletas, saltóns, libélulas, borrados da nosa memoria por mans funestas.

¡¡Escapa o becho do mato, diante da furia do cru cazador!!

Vós que lograsteis revivir, a décadas sistemáticas de destrución, que con o cerne do voso alento pufificais o aire, que amasais com os vosos frutos, um pan antergo e persistente.

¡¡Carbalho amigo!!

Tu loureiro, dos chourizos no fumeiro, teixo que nos liberas das sevicias dos nosos inimigos, dos ácidos corrosivos do estado.

Companheiros neste mundo:

Lume que nos quentas na lareira
Animais que limpais o bosque
Abelendas e seus frutos
Alamedas sombrías
Nogueira fruto e madeira
Castanheiro fruto e madeiro
Cerdeiras fruto e madeira
Teixo redentor
Abetos
Cipreses - pinheiros
Araucarias
Xacarandás de duro corazón
Carbalhos amigos-tanoeiros
Acibinhos
Oliveiras
Sobreiros
Aguacates
Caobas
Ebanos
Vidueiros fermosos
Freixos
Amieiros
Figueiras
Salgueiros cesteiros
Maceiras farturentas
Carpinteiros-ebanistas-escultores

Se vós morredes, a nossa vida non será máis que, um seco deserto.

Antonio Argibay Sebastián

Chuzame! chúzame -

No comment »

Perì Oikonomías I (A agua)


(MOTE)

Descalça vai per-a fonte
Lianor pola verdura;
Vai fermosa e non segura.
(versos d'um cantar velho)

Leva na cabeça o pote,
O testo nas mans de prata.
Cinta de fina escarlata,
saínho de chamalote;
Traz a vasquinha de cote,
Mais branca que a neve pura;
Vai fermosa e non segura.

Descubre a touca a garganta,
cabelos de ouro o trançado,
fita de cor de encarnado...
Tan linda que o mundo espanta!
Chove nela graça tanta
Que dá graça á fermosura;
Vai fermosa, e non segura.

(Luis de Camoes)

Venhem as serenas aguas, Lia e Deva cristalinas, na frescura dos seus tragos, na verdura florescente das súas guirnaldas.

Limpainos da bruta maldade, da cobiza do ouro, cúranos no teu morno vapor de pureza, enrólanos nas ondas do teu río sem tempo, no constante fluír das túas aguas.

Com'a chuva que pinga nas telhas, que corre polos beirais, se desboca polos caminhos do mundo, no seu afán de ver cousas-terras novas.

Tu que cimbras nas fiestras, no rostro das montanhas, regando os campos floridos, as devesas agrestes.

Agua que furas pedra, e arrastras terras do arco da velha, torrentes caminho do mar da nosa vida. Nesta fronteira entre a vida e a morte, entre a fonte e o mar.

Para nós nunca serás un bem económico, sempre máis bem unha companheira-amiga, escondida nas profundezas do bosque, frondosa, secreta, deitada no regazo da nai terra.

Esta é a dádiva máis importante que os montes nos podem dar, librémola do inferno dos químicos, dos venenos nas plantacións dos bosques, da morte industrial.

-AGUA ENGARRAFADA
-AGUA PERFUMADA
-A PISCINA-A SAUNA-OS BANHOS
-A FORZA DOS TEUS MOINHOS
-O ENCORO PARA REGAR OS CAMPOS
-AS FONTES-OS REGATOS-OS RÍOS
-UM MAR DE NUBEMS

Todos os teus tesouros ocultos, toda a túa fortuna inmensa, LIA e DEVA, deusas das aguas, vos que nos regades por dentro, que a vosa chuva dourada caia sobre todos nós, nesta viaxe eterna a um mar infindo de

FELICIDADE

Antonio Argibay Sebastián

Chuzame! chúzame -

No comment »