Festa no Día da Árbore
Hoxe xuntámonos un bo grupo de xente para celebrar o Día da Árbore, ao menos eramos uns trinta ou coarenta. Houbo representación de Mourigade, da Rañó, de Carballede, da Igrexa... Así que comezamos a iso das 11 da mañá, cando chegaron os máis madrugadores, e fixemos buracos para as árbores. Ao final da mañá xa tiñamos uns 40 buracos feitos e as árbores prantadas, iso si, despois de súar un pouco, aínda que o día estaba fresco.

Chegou a hora de xantar, e Manolo e o seu equipo de cociña xa nos tiña preparado o churrasco, os chourizos e o pan, todo a fartar, e tampouco faltou o viño, que che era ben bo, porque non quedou nada. De postre houbo tarta de queixo e laranxas, e tamén café e copa. Así que comemos todos a fartar, ao menos por tres días, o presidente o primeiro.



Xa despois de ben fartos aínda houbo quen tivo gana de festa e uns voluntarios -Fani, Noa, Vania...- ofrecéronse para dar unhas voltas nunha manta que agarraban 4 homes fortes. Así que tamén nos fartamos de rir. Foi unha grande festa.

Agora só queda cuidar das árbores e ilas regar tódalas semanas... para que crezan con todos nós



O resto das fotos podedes velas aquí