Delimitación do monte comunal na zona este e norte de Guillade
A través da información que nos ofrece o Sistema de Información Xeográfica de Parcelas Agrícolas (SIXPAC) diferenciamos nesta zona dúas parcelas, coas seguintes características:
1. Polígono 94, Parcela 625, cunha extensión de 76,5505 ha. Inclúe a zona do coto da Pedreira, Rebordiños, a Capelana, chega ata os lindes con Mouriscados e Uma, e tamén linda coas cabadas en Guillade de Arriba.
2. Polígono 92, Parcela 193, extensión de 9,3910 ha. Esta parcela linda co Coto dos Santos, e nela temas plantadas 3 ou 4 hectáreas de castiñeiro e media hectárea de roble americano.

O visor do SIXPAC permítenos medir distancias e superficies das parcelas que marquemos. Unha vez cargado o visor pulsamos na icona de busca e no menú de modo de busca escollemos o modo progresivo e seleccionamos a provincia, o concello, e o polígono desexado. Logo ampliamos co zoom ata dar coas parcelas buscadas.
Dada a súa extensión de 76,55 ha, no polígono 94, parcela 625, podemos diferenciar ata un total de 8 subparcelas, se seguimos os lindes das pistas (numeradas en círculo, dende o coto da pedreira e en sentido contrario ás agullas do reloxo).
Podemos denominalas coa letra R (referencia á Rañó), e obtéñense unhas superficies aproximadas conforme ao seguinte:
R1: Dende a Rañó e baixo o Coto da Pedreira. Superficie aproximada: 6,30 ha. Hai moita xesta e nacendo eucaliptos polo medio. A cría de eucalipto tamén sobe dende a pista que linda coas cabadas contra Uma.
R2: Coto da Pedreira baixando a Uma. 10,7 ha. Aquí ardeu todo o piñeiro novo. Agora hai moita cría de piñeiro nacendo.
Nesta zona tamén hai unha hectárea aproximada de cerdeira, cuns 15 ou 20 anos de plantadas, e que non van adiante.
R3: 4 ha. En Rebordiños, nos lindes con Uma. Parcela con nacentes de auga. Ten moita silva e toxo xa grande, e está medio invadida por eucalipto novo.
As tres parcelas anteriores vense nesta foto:

R4: 9,9 ha. En Rebordiños, lindes con Uma e Mouriscados. Aquí tamén ardeu o piñeiro novo, e agora ten moita cría de piñeiro. Tamén hai unhas cantas áreas que teñen cría de carballo e habería que conservalo.
R5: 12,2 ha. En Rebordiños, linde ao norte con Mouriscados. Esta é a única parcela onde se conseguiron salvar unhas dúas hectáreas de piñeiro novo. O resto ten moita cría de dous anos.
R6: 10,3 ha. Na Capelana. Zona chea de cría de piñeiro, de 2 anos.
As tres parcelas anteriores na seguinte foto:

R7: 15 ha. Máis ao oeste, contra as cabadas de Guillade de Arriba e Carballede. Nesta parcela hai moita cría de piñeiro novo, pois ardeu hai 3 anos. Na vagoada do lado oeste hai prantados castiñeiros e robles de varios anos, pero con dificultades para medrar. Agora esa zona comeza a ser invadida por eucalipto.
R8: 5 ha. Enriba da Coalleira. Nesta parcela só hai xesta za zona baixa e toxo na máis alta.
As dúas últimas nesta foto:

A superficie total estimada desta zona do monte comunal sitúase aproximadamente nas 85,94 ha.
chúzame - 