Debrúzate: o sábado 10 de xaneiro visita guiada por Guillade e Mouriscados
Coñecendo a necrópole megalítica da Chan do Campo do Mouro
O próximo sábado día 10 as organizacións e asociacións ADENCO, MZS e Galiza Nova, teñen previsto realizar un percorrido etnográfico pola "parte alta" de Guillade, é dicir: xa no límite coa parroquia de Mouriscados, pertencente ao Concello de Mondariz.
A 450 metros de altitude sitúase un conxunto de mámoas, máis de 10, entre os Concellos de Ponteareas, Mondariz e Salvaterra. Algunhas delas de porte considerable, con máis de 25 metros de diámetro e 2 metros de alto.
Ao longo da visita que ten previsto partir da estación de autobuses de Ponteareas as 15:45, con dirección a Campo de Mouro -lugar de partida-, haberá charlas informativas sobre a riqueza patrimonial e natural dos diferentes lugares polos que discurra a marcha.