Guillade no Museo MARCO de Vigo

No pasado mes de agosto, varios membros do colectivo “Monte Noso-Sachando  Procomún”, realizaron unha xornada de rodaxe e realización de entrevistas a varios veciños e comuneiros de Guillade e Mouriscados, dentro dun proxecto de posta en valor dos montes comunais.

Uns meses máis tarde, esas gravacións viron a luz en forma dun traballo creativo  que mestura a video-creación e cartografía e que foi inaugurada o pasado 11 de outubro no museo MARCO de Vigo. En paralelo a dito traballo tiveron o detalle de publicar na súa web un par de eloxiosos artigos sobre as comunidades de montes de Guillade  e Mouriscados , onde tamén relatan a experiencia daquela xornada de rodaxe.

Todos aqueles que queiran ver parte destas entrevistas, poden teclear en Youtube  “Montenoso+Guillade” ou  “Montenoso+Mouriscados”, e xa terán ao seu alcance a opción de poder visualizar as mesmas.

del.icio.us this!

2 Responses so far

  1. 1

    Guillade » A Comunidade de Montes de Guillade convidada a debatir sobre a situación dos Montes en Mán Común no Marco de Vigo said,

    Marzo 13, 2014 @ 8:46 p.m.

    […] nosa parroquia no verán do 2013, a realizar varias entrevistas e gravacións que deron lugar a un traballo de video-creación que tamén foi estreado e presentado no Museo Marco fai uns […]

  2. 2

    Montes de Guillade » Os Montes Comunais na TVE2 said,

    Maio 19, 2014 @ 9:41 p.m.

    […] a nosa parroquia para a gravación dunha serie de entrevistas que, xunto a outras, deron lugar a un traballo  que foi presentado e exposto no Museo Marco de Vigo no pasado outono. De igual xeito, nesta mesma […]

Comment RSS