Xuntanza no concello coas Comunidades de Montes

O pasado 21 de agosto, representantes da Comunidade de Montes de Guillade, acudiron á xuntanza convocada polos membros da Riada do Tea ­responsábels da Concellería de Medio Rural do Concello­ xunto a unha treintena de membros de outros Montes Veciñais de Ponteareas, co ánimo e disposición de escoitar e aportar as propostas e inquedanzas tanto do propio concelleiro, Manuel Troncoso, como das outras persoas alí reunidas.

Riada CC.MM.
Ao longo do encontro, aparte do correspondente intercambio de enderezos electrónicos e números de tlf, co que se pretende continuar mantendo conversas e comunicacións permanentes, entre o Concello e os comuneiros, tratáronse abundantes temas e problemáticas xenéricas e concretas da realidade forestal e ambiental dos montes comunais de Ponteareas: eliminación e sinalización de escombreiras, inventariado de pistas e elementos arqueolóxicos, a elaboración dun plan común anti­incendios xunto outros concellos limítrofes, así como dar a coñecer aos asistentes a adquisición dun tractor especificamente habilitado para axudar a desbrozar por parte do Concello.

Ao mesmo tempo, poucos días despois, o alcalde Xosé Represas, convocaba tamén ao gremio de apicultores en particular e a todos os veciños en xeral, a outra xuntanza informativa en colaboración coa Asociación Galega de Apicultura (AGA), sobre a problemática e alarma xerada pola vespa velutina ou “asiática”, unha especie invasora que en breve espazo de tempo inzou os nosos montes, diezmando as ­xa dende un tempo­ colmeas do País, cebandose especialmente nos lugares de clima máis suave das provincias atlánticas: O Condado, Tomiño… mais tamén a zona da mariña lucense entre outras.

Vespa Velutina
Síntoma da alarma e temor do sector apícola, ante este novo problema, xunto aos insecticidas ­ entre outros­ foi a asistencia de perto dun cento de persoas, chegadas incluso doutras comarcas de Pontevedra, como: Mos, Porriño ou Vigo.

A noticia recollida no xornal FARO DE VIGO.

del.icio.us this!

Os comentarios están pechados.