
Na parroquia de San Miguel de Guillade, concello de Ponteareas, sendo as 17:15 horas do día 23 de marzo de 2008, en segunda convocatoria, por non existir quorum suficiente na primeira convocatoria, e coa asistencia de 36 comuneiros e comuneiras, que superan o 35% do censo, iníciase a asemblea xeral extraordinaria da Comunidade de Montes Veciñais en Mancomún de Guillade, coa seguinte orde do día:
Punto 1º: Lectura e aprobación, se procede, da acta anterior.
Punto 2º: Elección da nova xunta rectora.
Punto 3º: Elección de vocais por barrios.
Punto 4º: Rogos e preguntas
Iníciase a asemblea xeral extraordinaria aclarando que se atrasou a súa celebración unha semana debido á coincidencia da hora da asemblea co enterro dunha veciña da parroquia, tal e como se anunciara oportunamente.
No punto un da orde do día dase lectura á acta da asemblea anterior, sendo aprobada por unanimidade.
No punto dous da orde do día procédese á constitución da mesa electoral, quedando composta por D. Abel Ocampo Romero como presidente, e por D. Francisco Costa Rodríguez como secretario e fedatario. A seguir, o presidente en funcións expón as dúas candidaturas presentadas, denominadas A e B e formadas polos seguintes comuneiros e comuneiras:
Candidatura A:
Presidenta: Dª Verónica Groba Iglesias
Vice-presidente: D. José Manuel David Giráldez
Secretario: D. Carlos Durán Diéguez
Tesoureiro: D. Antonio Argibay Sebastián
Candidatura B:
Presidente: D. Manuel A. Montero David
Vice-presidente: D. Víctor Sebastián Sebastián
Secretario: D. Xosé Manuel Vidal Bouzó
Tesoureiro: D. José María Iglesias Giráldez
Dun censo total de noventa e cinco (95) comuneiros e comuneiras rexístranse trinta e seis (36) votantes. A Candidatura A obtén un total de catorce (14) votos. A Candidatura B obtén vinte e dous (22) votos. Desta maneira queda elixida por un período de catro anos, de acordo cos Estatutos da comunidade a seguinte xunta rectora:
Presidente: D. Manuel A. Montero David
Vice-presidente: D. Víctor Sebastián Sebastián
Secretario: D. Xosé Manuel Vidal Bouzó
Tesoureiro: D. José María Iglesias Giráldez
No punto terceiro da orde do día procédese á elección de vocais por barrios, resultando elixidos os seguintes:
Cabadiña: non hai vocal.
Encostada: Antonio David Pereira
Eirado: Elvira Rodríguez Iglesias
Rañó: Manuel Gregores Martínez
Mourigade: Carlos Durán Diéguez
Igrexa: José Manuel David Giráldez
Pontedexil: Manuel Montero Montero
Pazos: non hai vocal
Reimonde: Senén Gregores González
Val: Manuel González Fernández
Vigaira: Verónica Groba Iglesias
No punto cuarto de rogos e preguntas, D. José Carlos Pérez propón que se deixe a documentación relacionada cos asuntos a tratar na orde do día nalgunha fotocopiadora de Ponteareas antes das reunións para quen queira consultala ou facer copias.
D. Manuel Gregores Martínez propón que se entregue unha copia dos Estatutos aos comuneiros/as. Tamén solicita que o presidente informe sobre o estado da negociación cos lindes de Cumiar, e o presidente explica que despois de presentarlles unha iniciativa á directiva desa Comunidade, foi posposta cos argumentos de que tiñan outros asuntos máis urxentes que tratar, polo que queda pendente, e engade tamén que os de Cumiar xa presentaran o contencioso antes da anterior asemblea, o que non impide seguir coa negociación.
D. José Manuel González (non comuneiro) solicita un terreo para unha explotación gandeira, de vacas, de varias hectáreas e que estaría valado. Acórdase que o solicite por escrito á xunta directiva concretando as condicións, para que esta o estudie e o presente á aprobación na próxima asemblea extraordinaria que se celebrará a tal efecto.
A veciña D. Aurora Torres Fernández solicita a súa incorporación como comuneira.
Sen máis asuntos que tratar, dase por finalizada a asemblea xeral extraordinaria, sendo as 18:10 horas do día 23 de marzo de 2008.
O presidente Asdo: Abel Ocampo Romero
O secretario Asdo: Francisco Costa Rodríguez
chúzame -